Tuesday, March 21, 2006

El oyo dos charcos

Condo chove y salo a dar un paseo, andando por os camíos chíos de barro, mollándome hasta el alma, puéndome como un pito, vexo el agua correr por as cunetas, por os mismos camíos si nun las hay ou tan tupidas, vexo as pedras del camín brillar moyadas como si daquén las pulise pra admirallas. Y vexo os charcos.

Os charcos son redondos, húmedos, tán chíos de agua, y nun tein fondo. Dentro dos charcos escóndese un mundo infinito. Detrás da superficie de agua turbia que se pode ver condo se pasa al lado de algún, escóndese un oyo que nos dá paso a ese universo. A el pódese entrar, claro que se pode ¿Cómo? Nun lo sei, a min contáronmo. Contoumo un señor que dice que entrou.

Pero el oyo eu vinlo. Teis que esperar a que pare de chover y a que el agua repouse y seña transparente pra poder observar como, nel fondo, hay un oyo sempre pechado. Eu sempre pasei de llargo y nunca me preguntei porqué, pero hailos.

El señor que dice que entrou tuvo muitos anos en Venezuela, eso lle dice el a todo el mundo, el díxome a min que unde tuvera fora metido nun charco. Tamén dice que en Venezuela vivía en Caracas, igual que bastante xente conocida que emigrou condo el. Estos dicen que, por alló, na vida lo viron y, condo se poin a falar de cousas y de sitios que dicen que hay alló, el nunca conoce nada. Di tu que Caracas debe de ser muy grande, e a disculpa que pon el, pero eu que che sei.

En todos os anos que tuvo allí metido este señor dice que nun se acordou da sua familia, nin dos suos amigos, nin da sua terra pra nada, que nun charco vívese ben, que hay muito espacio, que simplemente se flota, que e el universo infinito lo que hay ei dentro, que nadas en cálidos fluidos transparentes, perfumados y con riquísimos sabores diferentes que nun existen n´este mundo. Estos fluidos, según el, varían según un ciclo que fai que tarden en repetirse tantos anos que dice que nun se acorda de repetir nunca, y mía madre dice que ese señor debeu tar por ayó más de treinta anos. Lo que pasa e que igual repetiu y nun se deu cuenta, que treinta anos son muitos anos.

Condo volveu a salir por el oyo por unde entrou deuse cuenta de que aquello nun yo podía contar a nadie porque, además de que nun lo ivan a creer, tomaríanlo por tollo. Así que inventouse a historia de Venezuela y disfrazouse convenientemente con ua camisa estampada ben chamadeira, grandes patillas y uas gafas de sol que fundían el misterio. Despós, plantouse na porta da casa da sua hermá ua tarde de inverno que chovía a caldeiraos, porque se non, en seco, nun se pode salir por el oyo. Esta, al tello de volta, llevou a alegría da sua vida.

Ahora el home e bastante infeliz porque todos os que emigraron fixeron por ayó fortuna y el ten que vivir da pensión da sua hermá, que xa tía abondas dificultades pra subsistir antes d´el sou regreso. Os demás búrlanse d´el. El deféndese dicindo que foi muy rico, que fixo ua grán fortuna vendendo recordos de España alló en Caracas, as típicas bailarinas de sevillanas, toros con banderillas y cousas d´esas, y que por culpa de ua fulana que yo derrochara todo acabou na ruina. El home tampouco tuvo muita picardía, nadie lo creeu, por suposto. A historia debeu copiarlla a outro paisano de por aquí cerca que lle pasou lo mismo, pero este a fortuna fíxola arruobándolle a´s familias dos emigrados os cuartos que lles mandaban os sous fillos desde el outro llao del charco (ese si que debe de ter oyo), el fía de correo.

A min, este home, contoume que nel universo infinito pódese ser feliz todo el tempo que quiras, nun hay nacemento nin morte, nin principio nin fin, pero acábaste cansando de tanto tarte mecendo n´el, que nun se morrerá, pero que tampouco se vive, aunque se seña feliz, que e millor tar aquí, na terra unde un naceu, sin un peso pero na casa, discutindo con a túa hermá por os cuartos, sendo obxeto de burla cada vez que entras nel chigre a botar a partida. Pero condo ganas al dominó, eso nun se ye olvidou despós dos trienta anos fora, sintes ua rábia por dentro, algo tan humano y mortal, que fai que el morrer seña ua pena que hasta preste pagar, sobre todo si xoga el paisano al que lle copiou a historia.

A min nun che digo que nun me den ganas de meterme un día por un oyo de esos a ver que pasa. Teño que preguntarlle a este paisano a ver como fixo el pra entrar.

No comments: